Galicia Informativos
Informativo A Coruña 13:55 - 14/10/21
14/10/2021
04:57
Tres millóns de euros. É a partida consignada para o tren ó porto exterior da Coruña, en Punta Langosteira, nos orzamentos xerais do Estado para 2022. É a primeira dotación orzamentaria para esta infraestructura.
Tamén se prevén 36 millóns en 2023, 26 en 2024 e 38 en 2025
O orzamento total é de 157 millóns, aos que hai engadir outros 14 para a realización das obras de accesibilidade na rede ferroviaria interior.
Para a dragaxe da ría do Burgo, os orzamentos do estado do ano que ven inclúen case 15 millóns de euros. Esta orzamentada en 32.
O proxecto está pendente dun recurso sobre a adxudicación dos traballos.
O delegado do goberno en Galicia, José Miñones, confía en que se resolva en tres meses.