Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 14/12/21 14/12/2021 04:59

Xa son 12 os positivos confirmados coa variante Ómicron, seis na Coruña e outros tantos en Vigo.
No último reconto diagnosticáronse 200 positivos menos, pero xa hai 12.700 persoas coa enfermidade e sanidade informou doutras sete mortes.

O Consello da Cultura galega urxe establecer unha moratoria na autorización de máis parques eólicos.
Consideran os 275 novos proxectos que se están tramitando terían un gran impacto na paisaxe, no medio ambiente e no patrimonio.

O BNG critica ó PP e ó PSOE por retrasar o debate da iniciativa lexislativa pro traspaso da titularidade da AP-9 a Galicia.
O deputado nacionalista, Néstor Rego, ve na posición dos dous grupos maioritarios unha unha intencionalidade política pra evitar poñer fin a unha concesion que a debeu rematar en 2013.

Os traballadores de Vestas comezaron a recibir as cartas de despedimento.
A dirección mantén a previsión de pechar as instalacións de Viveiro o día 31.
Os 115 operarios só confían en que a xustiza anule o expediente de extinción de emprego.

Xornada cun tempo seco e solleiro.

Galicia Informativos
Más opciones