Informativo A Coruña 8:45 - 06/09/24
Este mediodía o paraninfo da Universidade da Coruña acollerá o acto oficial de inicio do curso universitario coa presenza das tres universidades galegas. O anfitrión, o reitor da Coruña, pide máis financiamento e concreción na gratuidade do primeiro curso
-En Madrid, na cámara alta, populares e socialistas vetan a proposta do BNG pra desbloquear a negociación do convenio colectivo de Navantia Ferrol.
-A policía nacional liberou nun piso da cidade da Coruña a tres víctimas de trata, sometidas a férreo control pola responsable do piso e outras tres mulleres que exercían o papel de encargadas
- Esta fin de semana o barrio ferrolán de Canido acolle a súa cita anual coas Meninas...unha festival de arte urbano onde cada ano os artistas reproducen as súas ideas do cadro de Velázquez. Conversaremos co seu director neste informativo