Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 09/01/24 09/01/2024 15:06

Chuvia de denuncias e críticas contra a naviera propietaria do buque Toconao que causou a marea branca de boliñas de plástico nas nosas praias- A Fiscalía do Estado xa abriu unha investigación por se se trata dun delito medioambiental. Tamén, a asociación Ecoloxistas en acción presentará hoxe unha querela contra a naviera. Mentres a Xunta descartou activar o nivel dous de emerxencia por esta crise.

- O concello de Santiago preve pra este ano a recuperación do comercio local, poñer en marcha a taxa turística e traballar contra o desequilibrio rural. Son algunhas das medidas que están na axenda do goberno local pra este 2024.

- A asociación animalista Gatocán, que vendeu 900 boletos do segundo premio no sorteo de nadal, a meirande parte en Cambre, inicia o proceso pra cobrar os décimos premiados.

- Na Coruña, Traballadores da empresa de Telemarketing Cibernos concéntraronse a pasada xornada diante da compañia pra denunciar o incumprimento de varios acordos en dereitos laborais

Galicia Informativos
Más opciones