A Xunta vai ampliar en 100 o número de operarios que traballan nos areais á espera de que chegue a axuda estatal. Todo despois de coñecer que o goberno autonómico elevará a nivel dous o CAMGAL, o plan de continxencia por contaminación mariña accidental. Unha nova que chega trala demanda dos concellos máis afectados de pedir máis axuda na limpeza dos areais. Entre estos concellos, Muros e Noia onde tamén preocupa o dano o sector pesqueiro.
- Na páxina Política, O partido socialista é o primeiro en completar as listas pro 18 de febreiro. A executiva provincial da coruña, ratificou onte a sua proposta de candidatura coa independente Patricia Iglesias á cabeza.
- O Plan Único da Deputación provincial, uns fondos para obras, servizos e gasto social acadan este ano que na comarca de Compostela os 16 millóns e medio de euros
- O escritor coruñés de literatura infantil e xuvenil, Miguel Angel Lopez, que era máis coñecido nas redes como O hematocrítico, foi recoñecido, a título póstumo, coa medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes de España