Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 11/09/24 11/09/2024 15:03

Informativo A Coruña 8:45 - 11/09/24

11 de setembro, día marcado en vermello na axenda de moitos rapaces. É o primeiro día de colexio en primaria e secundaria... aínda que no colexio Brea Segade non van asistir. As familias decidiron non levar aos cativos ás clases ata que se reforcen os profesores e se rebaixen as rateos, como acordara a consellería de educación cos sindicatos en xaneiro. Dúas reclamacións que tamén deixan -polo que puidemos saber- a unha rapaza sen praza asignada co curso xa iniciado, ao non haber espazo nin persoal pra acollela no seu centro de referencia. 

- Os persoal de Navantia Ferrol decide hoxe qué proposta de presión exercerá durante as negociacións do novo convenio colectivo. Unha delas pasa por parar a produción ata que se asine o acordo. 

-Os nacionalistas pregunatrán hoxe no pleno do pazo do Parlamento polas eivas no transporte metropolitano na comarca da Coruña. Cuestionan a utilidade das lanzadeiras que paran no lugar da Valexa, entre Oleiros e Sada

Galicia Informativos
Más opciones