Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 12/01/24 12/01/2024 15:01

Os usuarios de tren da Coruña amencen con tranquilidade trala incidencia no suministro eléctrico deste xoves que deixou 38 convois afectados. ADIF e Naturgy culpanse mutuamente da avaría. O BNG xa pediu a comparecencia de ADIF e RENFE pra que dea explicacions.

Sobre mobilidade metropolitana tamén se falou no pleno do concello da coruña deste xoves. O primeiro do ano, por certo. O BNG defendeu unha moción na que insta ó próximo goberno de Galicia a creación do consorcio e a melloralo servizo pra cidadanía. A moción quedou aporobada por unanidade.

En Santiago o persoal da sanidade privada da provincia da Coruña manifestarase esta tarde para demandar da patronal que se sente a negociar o convenio colectivo, cacudado dende outubro de 2020.

Galicia Informativos
Más opciones