Informativo A Coruña 8:45 - 13/06/24
Desconvocada a folga das ambulancias na área de Santiago-Barbanza tras asinar os traballadores un preacordo coa empresa a pasada tarde. A CIG cancela as protestas que tiña previstas, a primeira, pra hoxe mesmo.
- Segunda xornada da reunión dos traballadores de Navantia, en Madrid, coa dirección pra negociar a convenio...24 horas despois cortar a entrada ao estaleiro cunha barricada.
-As traballadoras da limpeza da provincia saíron tamén este mércores á rúa para reclamarlle á patronal que sente a negociar o convenio, caducado en decembro do ano pasado.
- A Universidade de Santiago non descarta sancións disciplinarias ou mesmo denuncias se constata danos nos edificios de onde foron desaloxados os estudantes pro Palestina a pasada xornada