Informativo A Coruña 8:45 - 20/11/24
A semana próxima remata o prazo pra presentar recurso contra a sentenza polo accidente do Alvia. Xa sabemos que polo menos haberá dous, o da fiscalía e o da defensa do maquinista.
-A alcaldesa da Coruña, Inés Rey asegura que haberá orzamentos no 2025 e non descarta ningunha posibilidade pra sacalos adiante...mesmo negociar co PP. Considera que o BNG debe dar explicacións sobre a súa negativa a pactar.
-En Ferrol, a oposición no Concello de Ferrol critica os orzamentos aprobados este luns pola Xunta de Goberno local. Unhas contas que ascenden a case 92 millóns de euros.
-As familias do colexio O Pindo, en Carnota, ameazan cunha nova folga indefinida do alumnado se a Consellería de Educación non dota dunha coidadora ao centro pra poder asistir a un neno de infantil