Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 20/12/23 20/12/2023 14:55

Sen acordo entre o sindicato de recollida de lixo da Coruña e a empresa concesionaria Prezero. A última reunión deste martes non conseguiu ningún avance pra desbloquear o conflito- Pese a que a folga do STL está convocada a partir de Noiteboa, as rúas da cidade xa comezan a encherse de lixo sen recoller, especialmente de cartón e de papel, nas últimas horas.

Traballadores das escolas infantís, privadas e públicas, da provincia da Coruña saíron este martes á rúa nunha nova xornada de folga convocada en toda Galicia. Denuncian o bloqueo das negociacións coa patronal e unas condicións de traballo pésimas.

Os traballadores dos centros loxísticos de Inditex de toda España, incluídos os de Zara Loxística en Sabón e Pull&Bear en Narón, levaron onte ata a capital de España as súas protestas contra a diferencia de trato entre centros.

Traballadores da empresa de limpeza Jardincelas, de Cambre e Culleredo, seguen sen cobrar aínda a nómina do mes de decembro. A empresa leva máis dun ano demorándose no pago dos salarios e hai dous meses aplicou un ERTE ós seus traballadores.

Galicia Informativos
Más opciones