Informativo A Coruña 8:45 - 20/12/24
Raxoi descarta que o novo barrio con vivenda protexida que se proxecta en Mallou se traslade á zona da Pulleira.
O pleno municipal aprobou tamén un recoñecemento de crédito pra abonar as débedas con Viaqua.
- Na Coruña, concentración a estas horas da ANPA do CEIP de Prácticas, ás portas do centro educativo. Mobilízanse pra demandar melloras urxentes no colexio debido ao seu lamentable estado das instalacións.
- Os conserxes dos centros deportivos levarán a xuízo ao Concello. Denuncian que non está a cumprir co pactado no convenio, ao denegarlles o pago dun plus salarial.
-Os traballadores de Circet piden axuda da Subdelegación do Goberno na Coruña pra que interveña polos traballadores da concesionaria de Movistar ante o Ministerio de Traballo