Informativo A Coruña 8:45 - 21/11/24
Os traballadores de Navantia Ferrol deciden paralizar totalmemnte a construción das Fragatas 110 para a Armada española...Unha medida de presión pra avanzar na negociación do convenio, que coincide co paro de 24 que arrancou ás dez da noite.
-A metade dos sanitarios afectados pola decisión do Sergas de demorar o traslado de médicos de hospitais comarcais traballan no Barbanza. Consideran que se trata dun parche, porque non está asegurado que esas prazas se vaian cubrir cos procesos de estabilización.
-Na Coruña, o PP invita a Inés Rey a dar un paso atrás na alcaldía, pero, mantén a porta aberta a negociar os presupostos co goberno local, iso sí, baixo condicións.
-En Santiago arrancaron as primeiras citacións do caso "Desproi" que investiga o alugueiro por parte do executivo do ex alcalde Bugallo dunha nave desta empresa, vencellada ao daquela concelleiro de Medio Rural José Manuel Pichel