Informativo A Coruña 8:45 - 22/01/25
Os catro edís díscolos do PSOE compostelán enfróntanse á súa expulsión definitiva.
Agárdase que Ferraz emita en breve unha resolución sobre o novo informe remitido pola dirección provincial do partido.
-Hoxe arranca en Madrid FITUR, este mediodía A Coruña presentará a súa nova campaña "Ao noroeste do oeste", pola tarde tocarálle a Ferrol e xa mañá xoves Santiago anunciará a súa proposta turística.
-O BNG de Oleiros levará ao pleno as queixas sobre a concesionaria de limpeza do concello. Dende o goberno local aseguran que a empresa xa ten un expediente aberto.
-En Pontedeume, as familias do CEIP Ombre buscan dúas matriculas máis para impedir que peche o centro. O próximo curso 4 dos 8 alumnos abandonarán a escola