Esperanza pra resolverse o conflito do lixo na Coruña antes de que comece a folga prevista pra noiteboa. Este xoves no marco dunha nova xuntanza, a terceira esta semana e tras dez horas de reunión entre o sindicato STL e a empresa concesionaria, Prezero, parece que houbo un achegamento de posturas. Con todo, este venres volverán reunirse-
- Mariscadores a pé de Noia pidenlle celeridade ó Instituto social da Marina, o ISM, no cobro das prestacións . Levan parados case dous meses tralo decreto de cese de actividade e lembran que son moitas ás familias as que dependen destos ingresos.
- Esta xornada está previsto que abra ó tráfico o túnel de Sol e Mar en Oleiros, logo de tres anos de obras.
- O pleno de Santiago deste xoves aprobou unha iniciativa para elaborar un plan local de accion de loita contra a soidade non desexada