Informativo A Coruña 8:45 - 31/10/24
Testemuña determinante a de onte no xuizo de Samuel Luiz. Compareceu o policía que dirixiu a investigación. A súa declaración bota por terra os argumentos exculpatorios dos cinco acusados. O xefe de brigada asegurou que do seu traballo se deriva que tódolos procesados participaron dalgún xeito na agresión
-Os traballadores de Navantia amósanse esperanzados en conseguir melloras no convenio colectivo trala reunión que mantiveron na Delegación do Goberno. Non así no Plan Estratéxico.
-O BNG obtén o compromiso do goberno que Adif manterá a vía férrea ao seu paso polo barrio coruñés das Xubias e que sería fundamental para un tren de cercanías.
- 60 mil persoas de entre 70 e 79 anos da área sanitaria da Coruña están chamadas a acodir a Expo Coruña para vacinarse de gripe e covid