Tras 24 horas de deliberación, o xurado popular declara a Santiago Cepeda culpable do asasinato do seu sobriño de 3 anos, no 2020 en Compostela. Considera que actuou intencionadamente e sendo consciente dos seus actos. Algo que choca coa tese da defensa e da propia familia que alegaban dano neurolóxico e pedían o internamento nun centro psiquiátrico.
Toca agardar á sentenza pero tanto a acusación popular como a fiscalía solicitan prisión permanente revisable.
1. O alcalde de Santiago nega tratos de favor á Desproi pero recoñece erros na contratación
desta empresa con débedas coa corporación local
2. Os propietarios de tres vivendas de Xuxán recuperarán a súa titularidade tras chegar a un acordo co concello que permite completar a urbanización do barrio
3. Os percebeiros de Aguiño esixen á Xunta vixilancia tras ver bateeiros extraendo mexilla en zonas que non lles corresponden
4. Nos deportes, o mercado de fichaxes péchase coa incorporación ó Deportivo do dianteiro Arturo Rodríguez Pérez-Reverte e a cesión de Víctor Narro ó Atlético Baleares
Tamén en portada aviso á veciñanza de Arteixo. Desde ás dez ata ás doce permanecerá cortado o suministro de auga por traballos de mellora na avenida alcalde Manuel Platas, Pérez Lugín, Benito Viceto e Aurelio Rivalta