Emerxencia sanitaria na Coruña que permite á empresa Tragsa asumir o servizo do lixo, o concello xa identificou a algunhas das persoas responsables dos actos vandálicos contra ós camións e contedores, esta noite de novo, vairos contedores foron queimados.
Preocupación dos veciños de Grixoa, en Santiago, polo temor a que o novo plan de restauración da canteira de Miramontes traia consigo outro vertedoiro.
Novas mobilizacións dos veciños do Couto, en Oleiros, pra reclamar un paseo de peóns e diminución da velocidade permitida nun tramo perigoso con parada do transporte escolar.
Finaliza a actividade nos puntos de cribado sen cita nas áreas sanitarias de Santiago-Barbanza e Coruña-Cee ante a boa evolución da pandemia.
O alcalde de Santiago pon data a finalización da parte principal das obras de Concheiros, será o 11 de marzo