Non é unha sorpresa pero chega no peor momento, a só catro meses das eleccións municipais. A dimisión da concelleira de economía e facenda de Ferrol obriga ó alcalde a reestruturar o seu goberno. Mayte Deus non quixo entrar en polémicas na súa despedida pero a causa pode estar nas tensións que mantiña co rexedor. Esta mañá Ángel Mato ten actos na cidade, está convocada a prensa, veremos que di ó respecto.
1. O concello da Coruña abordará neste primeiro semestre do ano o regulamento das vivendas turísticas
2. Quenda no xuízo do Alvia para un membro do sindicato de maquinistas que desmonta as liñas de defensa de Adif
3. O BNG de Santiago acusa á Sánchez Bugallo de ocultismo sobre as irregularidades na contratación da empresa Desproi
4. Os veciños de Cariño continúan sen poder consumir auga da traída polos altos niveis de níquel