Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 02/03/22 02/03/2022 15:03

A CORUÑA recupera a normalidade na recollida do lixo, TRAGSA realiza xa o servizo, esta madrugada NON houbo máis queimas de camións ou contedores.

Mobilizacións do servizo de acompañamento do transporte escolar en denuncia polo incumprimento de pregos por parte da empresa Monbús.

O concello de Oleiros xa determinou as novas localizacións de estacionamento pros veciños afectados polas obras de Sol y Mar.

Comeza o prazo de solicitude das bolsas comedor na Coruña, convocatoria que este ano inclúe axudas pros menores tutelados.

Nos deportes, cita co baloncesto feminino, o Baxi Ferrol recibe esta noite a un rival directo na loita pola permanencia, o Leganés.

Deportes tamén hoxe no noso tempo de entrevista, falaremos con CARLOS PITA, responsable do novo gran espazo de surf en Galicia

Galicia Informativos
Más opciones