Centos de persoas sairon as ruas da Coruña e doutras cidades polos dereitos dos traballadores neste primeiro de maio. Dia do traballador. E hoxe, non menos reivindicativos porque en Santiago, os traballadores da recollida de lixo irán finalmente á folga pra denunciar irregularidades no seu convenio colectivo-
Os bateeiros concentraronse este luns na Pobra do caramiñal pra pedirlle á xunta que abra as zonas, agora pechadas por ser satuarios para o percebe, pra extracción da mexilla.
O stock da cigala caeu en máis dun 90% nas últimas décadas. A Costa da Coruña é a que peor situación rexistra, xa que desapareceu prácticamente de tódolos seus caladoiros habituais. A razón, a concentración do esforzo pesqueiro.
Persoal investigador da Universidade de Santiago denuncia retraso na convocatoria de axudas económicas pra investigación. Levan catro meses de espera e sen previsións de cando poderán optar as axudas que convoca a Xunta. Algo que causa unha situación de incertidume e que provoca que moitos posibles investigadores desistan do se propósito.