Cinco dos 21 estudantes galegos que viaxaron no barco desde Mallorca a Valencia deron positivo por Covid. Todos pertencen a área sanitaria da Coruña. O Sergas activou os protocolos. Os positivos viaxaron en ambulancia e os negativos en bus.
Precisamente os menores de 30 anos, o luns poderán pedir cita para vacinarse Galicia.
E este xoves comezaron as visitas guiadas aos xardíns do Pazo de Meirás. As primeiras en acceder ao recinto foron as vítimas do franquismo, os seus familiares e as asociacións de memoria histórica. Houbo momentos de emoción e tamén de reivindicación.
Unha muller ourensá, Adriana Martínez, nai solteira, foi a primeira en poder sumar o tempo de permiso que lle correspondería a unha parella. En total, 28 semanas.
No tempo, hoxe perderase a influencia do anticiclón en Galicia, os ceos volven anubrarse e regresan as chuvias