O pleno do concello da Coruña aproba un modificativo de crédito para o IMCE. A transferencia de crédito supera os 257.000 euros.
O PP, que votou en contra, asegura que o que lle sobra a este organismo cultural son, precisamente, cartos.
As persoas infectadas de Covid superan xa as 1.700 nas tres áreas sanitarias da provincia.
Usuarios e sindicatos denuncian aglomeracións e falta de puntualidade nos trens que unen Vigo e A Coruña a primeira hora da mañá.
Os traballadores da cafetería do aeroporto de Lavacolla reanudan hoxe a folga pola. Din que non hai avances na negociación do convenio colectivo.
Deportes. O Obradoiro ficha, por dous meses, o aleiro Edgar Vicedo. Mide 2 metros e 3 centímetros.
No tempo da entrevista, falamos co presidente do Círculo de Artesáns da Coruña, con Roberto Parga.