O bipartito de Narón rompe a dous meses das eleccións. Os tres edís socialistas que ostentaban competencias no goberno local de Terra Galega deixan os seus cargos. Din que o fan a instancias da dirección do partido. Pero a executiva nega que se trate dunha imposición.
- O Partido Popular de Santiago presenta denuncia xudicial contra os concelleiros socialistas que autorizaron o aluguer duha nave á empresa Desproi. Por este caso dimitiu o edil de Medio Rural, José Manuel Pichel.
- A CIG anuncia que se persoará na causa pola presunta trama de corrupción do sindicato de traballadores da limpeza na Coruña. Hai catro persoas investigadas.
- Novo encargo para Navantia Fene. Construirá para Iberdrola 45 novos produtos para un parque eólico mariño no Reino Unido