Tranquilidade nos doce concellos afectados pola rotura dunha balsa de áridos nunha canteira de Frades. Despois de que chegase ó río Tambre, Augas de Galicia pediu extrema-los controis para asegurar a calidade dos sistemas de abastecemento.
De momento, polas inspeccións realizadas, non parece que haxa carga contaminante.
- O BNG da Coruña levará ó pleno do martes o caso do STL, investigado por presunta corrupción. Pide máis dilixencia ao goberno local pra averiguar se a concesionaria de limpeza delegou as contratacións en empresas relacionadas co sindicato.
- O PP de Santiago insiste en investigar xudicialmente ata as últimas consecuencias o caso Pichel. O goberno socialista de Sánchez Bugallo acúsao de facer electoralismo.
- Entra en fase de información pública o proxecto pra fábrica de neumáticos Sentury nas Pontes. Hai un mes pra presentar alegacións ó estudo de impacto ambiental