Folga na planta de tratamento de residuos da Coruña. Os empregados de Nostián secundan hoxe unha xornada de paros que terá continuidade o mércores e o venres. Lembran que levan anos cos soldos conxelados e demandan un novo convenio colectivo. De momento non hai constancia de incidentes, aínda que a empresa denunciou varios actos de sabotaxe, dos que se xa se desvincularon os traballadores.
- Xuízo a Inditex hoxe en Santiago. Unha dependenta de Berska reclama a redución de xornada por conciliación. A partir das nove e media haberá concentración de traballadores nos xulgados das Fontiñas.
- Está previsto que os veciños de Cariño poidan volver beber da auga da traída esta semana. As últimas analíticas xa rozan a normalidade.
- O coordinador de Podemos-Galicia, Antón Gómez-Reino, aposta por unha confluencia coas mareas municipalistas da provincia de cara ás eleccións locais