Máis efectivos policiais e investigación rápida para que os agresores asuman as responsabilidades. Son as dúas peticións que lanza a alcaldesa da Coruña á delegación do goberno tras o acoitelamento sufrido por un mozo na cidade o pasado sábado cando xogaba ó baloncesto a última hora da tarde. Recupérase agora na casa tras ser intervido cirúrxicamente no CHUAC. Non hai de momento detidos.
1. A USC comeza esta semana a fase de redacción do proxecto pra construción da Cidade da Saúde no Campus Sur
2. Ordes aspira a aumentar a súa poboación ata os 20 mil habitantes co futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal
3. Nova concentración da plataforma de pensionistas de Santiago este mediodía no Obradoiro
4. Nos deportes, empate a 0 do Racing de Ferrol no campo da Cultural Leonesa