As direccións xerais do PSOE e do BNG pactaron este luns apoiarse mutuamente pra investir como alcaldes ós seus candidados nas diferentes corporacións locais, iso sí, deixandolles liberdade pra decidir. Neste contexto, hoxe na capital galega, Compostela aberta celebra asemblea pra decidir se forma ou non goberno xunto ó BNG. Mentres o PSOE, pide tempo pra reflexionar. E na cidade herculina, aínda non houbo ningún contacto entre o PSOE e o BNG pese a que a socialista Inés Rey necesita do voto dos nacionalistas pra seguir gobernando-
-A policía investiga novos destrozos en sete autobuses da empresa Monbús nas instalacións de Catabois, en Ferrol.
-Os mariscadores da ría do Burgo denuncian que este ano non cobraron as indemnizacións que lles corresponden polo parón de actividade pro dragaxe.
- A asociación ecoloxista ADEGA advirte dos riscos da política eólica da Xunta, e valora a sentenza do Tribunal Superior de Galicia, que anula a autorización do parque de Campelo en Coristanco e Santa Comba