Galicia Informativos
Informativo A Coruña 8:45 - 06/07/21
06/07/2021
15:01
Milleiros de persoas sairon este luns a rúa en toda a provincia para reclamar xustiza polo asasinato do mozo coruñés Samuel Luiz Muñiz, de 24 anos.
Faleceu na Coruña, na madrugada do sábado, como consecuencia dunha brutal malleira.
De momento, non hai ningún detido.
Baixan os contaxuios de coronavirus, pero aumentan os casos activos e as hospitalizacións.
Os traballadores de Tussa, a empresa municipal de transportes de Santiago, denuncian o bloqueo da negociación do convenio colectivo.
Abanca pecha durante o verán unha das tres oficinas que ten en Fene. A medida afecta a situada na parroquia de San valentín.
Un xulgado ordena o desaloxo do Hotel Hesperia da Coruña por non pagar o aluguer do edificio.