A poucas horas de que comece a campaña electoral do 23 de xullo e ainda coa resaca das anteriores eleccións, os lideres dos grupos municipais da provincia da Coruña afianzan as suas demandas ó goberno central. Esta noite terá lugar a tradicional pegada de carteis, coa presenza na Coruña da líder de SUMAR, Yolanda Díaz, e o ministro de Sanidade, o socialista José Miñones. O PP arrancará en Ferrol, coa participació do presidente da Xunta, e o BNG en santiago, coa líder dos nacionalistas, Ana Pontón, e o candidato Néstor Rego.
1. Longas esperas pra renovar o DNI en Galicia. A Coruña e Santiago son as cidades nas que máis se demora o procedemento.
2. O concello de Betanzos non cobrará a auga do mes de xuño á veciñanza coma compensación polas molestias xeradas tralo brote de gastroenterite que afectou a centos de persoas.
3. A Cig saúde denuncia a falta de camas na área de psiquiatría do hospital Gil casares de Santiago, por mor das obras que se están a realizar tralo desprendemento de parte do teito e as deficiencias do inmoble