Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 07/05/21 07/05/2021 15:02

 Cambia o mapa de restricións anticovid na provincia. O comité clínico inlcúe o concello de Padrón no nivel de máximas restricións, co que esta fin de semana queda pechado perimetralmente. A Xustiza terá que determinar se se pode aplicar toque de recollida ás 11. No conxunto da provincia soben os casos de coronavirus pero baixan as hospitalizacións.

 En Frades, o grupo socialista reclama a re-apertura do centro de saúde de Abellá, que pechara de maneira provisional co inicio da pandemia.

 O Estado negou a entrada no Pazo de Meirás á empresa de mudanzas contratada pola familia Franco para organizar a retirada dos bens.

 Os traballadores de Endesa concéntranse hoxe ante a Delegación do Goberno para reclamar unha transición xusta.

 No tempo da entrevista.... recuperamos as voces de dous clásicos da Literatura Galega, Manuel María e Xosé Neira Vilas porque vén de publicarse un libro que recolle a súa correspondencia.

Galicia Informativos
Más opciones