NOvidades na politica de Santiago en vistas a formación do futuro goberno lOcal.
Primeiro a renuncia do número 3 do PSOE, Xaquin Fernandez Leiceaga, a sua acta de concelleiro.Esta é a segunda dimisión no partido socialista trala realizada polo ainda alcalde en funcións, Xosé Sanchez Bugallo. Mentres, Compostela aberta decide negociar co BLoque de cara a formar goberno cos nacionalistas á cabeza. Hoxe trasladarán a decisión ao BNG. E na Coruña..teremos que esperar a mañá, xoves, día no que se producirá o primer encontro entre os socialistas e nacionalistas.
-A Xunta autoriza outro parque eólico de Monte do gato, situado nos concellos de Aranga e Oza Cesuras. é o terceiro que se aproba da empresa Greenalia, dos 5 parques que hai previstos nesta zona.
-Novo colapso en urxencias no clínico de Santiago. A asociaciónd e pacienets e usuarios do CHUS denunciaba este martes a acumulación de pacientes nos corredores habendo camas libres.
- Hiperxel presenta un ERE de extinción mentres negocia unha oferta de compra...Na provincia da coruña, lembramos que hai arredor de 100 traballadores dos 300 que hai en Galicia