Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 07/10/21 07/10/2021 14:56

A central térmica de Endesa nas Pontes podería volver producir electricidade.
A térmica continúa conectada á rede electrica española e, segundo a compañía, está preparada para reiniciar a producción
Sempre a petición do operador, de Rede Eléctrica.
Os sindicatos non teñen información oficial, pero dano por feito.
Mesmo anuncian a próxima chegada dun barco con carbón ó porto de Ferrol.

Desarticulada na Coruña unha banda adicada ó cultivo e tráfico de drogas. Operaba desde unha floristería.

Fixada para mañá a entrada ó Pazo de Meirás dos auxiliares dos peritos da familia Franco despois de que un xulgado ordease ó Estado que falicite o seu acceso.

Deportes. O Deportivo Abanca, clasificado para a segunda rolda da Copa da Raiña. Derrotou ó Pozuelo por un gol a nove.

No tempo da entrevista, esta mañá recibimnos en RNE io ex alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro.
 

Galicia Informativos
Más opciones