Galicia Informativos
Informativo A Coruña 8:45 - 07/12/22
07/12/2022
15:03
Os traballadores da planta de tratamento de residuos de Nostián secundan hoxe a segunda xornada de folga desta semana. As instalacións prestan servizo á cidade herculina, pero tamén á área metropolitana. De momento os paros non teñen repercusión nas rúas.
De seguida ampliamos. Antes outros titulares deste mércores, 7 de decembro, con Pablo Montero.
- A Xunta defende a elección da Coruña como sede da Axencia de Intelixencia Artificial. Faino despois das críticas das cidades descartadas.
- A licitación da nova concesión do transporte púbico de Santiago adiarase, como mínimo, outro mes.
- A Plataforma "Aire Limpo" pedirá a nulidade da Declaración de Impacto Ambiental do parque eólico no monte do Gato