O persoal de limpeza viaria de Ames secunda hoxe unha folga total, en demanda dun salario digno e acorde ao IPC.
Os 21 traballadores recriminan que as últimas subas da empresa concesionario non supuñen non chegan nen sequera a un 1%, mentres a carestía da vida subiu un 6%.
Hoxe reçunense en Santiago as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar con representantes do concello pra negociar un aumento da dotación a concesionaria Servisar.
O hospital da Coruña estrea este luns unha nova unidade pros tratamentos ambulatorios de quimioterapia. Un servizo que antes se realizaba no Hospital Teresa Herrera, no materno do CHUAC.
Continúa aberta a investigación pola morte da muller de 86 anos ocorrido na coruña o pasado venres. Malia que o corpo da vitima amosaba sinais de violencia , o acceso á vivenda non aparentaba que fose forzado.