O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o contrato de Cespa, a concesionaria de recollida de refugallos da Coruña na que se tería xestado a suposta trama corrupta do sindicato de limpeza STL.
Sobre a posible aplicación dunha taxa turística en Santiago, o presidente da Xunta lembra que o sector turístico pide máis información e que a lei que regularía esta taxa non afectaría unicamente á capital de Galicia.
Na Coruña, xa é obrigatorio limpar con auga os ouriños dos cans na vía pública. a ordenanza quedou aprobada onte no primeiro pleno da cidade.
Preocupación en Valdoviño polo aspecto e cheiro do encoro de As Forcadas que abastece á comarca de Ferrolterra. os veciños da zona queixanse de que non poden facer uso do encoro pra actividades de ocio, xa que non é apto pro baño ou pra pesca.