Galicia Informativos
Informativo A Coruña 8:45 - 09/04/2021
09/04/2021
15:06
Descende a presión hospitalaria nas tres areas sanitarias da provincia. Nás últimas horas faleceron dúas mulleres en Ferrol a consecuencia da covid.
O ministro de Transportes, o presidente da Xunta e a alcaldesa da Coruña, reunense esta mañá para falar do futuro do porto da Coruña. O ministro anunciou onte en Santiago que nas próximas semanas se licitarán as obras de melloras da estación de tren.
A audiencia provincial pecha a instrucción do accidente do Alvia con dous únicos imputados, o conductor do tren e o ex xefe de seguridade da circulación de Adif.
Este ano tampouco haberá festival de Ortigueira. Os organizadores preparan xa a edición do próximo ano cunha duración ampliada a unha semana