Xa non queda ningún concello na provincia, tampouco en Galicia, nos niveis máximo ou alto, de restriccións por mor da pandemía, o único que había, o de Oroso, baixará de nivel alto a nivel medio, a partir deste sabado. Nuns intres ampliamos a información relacionada coa pandemia antes, outros titulares deste mércores 9 de xuño.
Todolos grupos municipais do concello da Coruña chegan a un acordo para axilizar as axudas á autónomos e micropimes. A contia será de dous mil euros
A xustiza admite a trámite o recurso presentado pola familia franco para que se lles permita retirar todolos bens do pazo de Meiras.
A Universidade da Coruña pon en marcha un servizo de Información ás Vítimas e Familiares do Franquismo que coordena a cátedra da Memoria Histórica.