Esta mañá, comparecen ante a xuiz os detidos en relación coa morte do mozo coruñés Samuel Luiz Muñiz.
Esta previsto que prestes declarción os tres arrestados o martes: Dous homes e unha muller de entre 20 e 25 anos.
A comparecencia do cuarto detido podería retrasarse ata mañá ou pasado.
Está en dependencias policiais desde onte.
Os concellos de Santiago e A Coruña non ven viable pechar parques e praias de noite para evitar botellóns, como lles recomenda a Xunta.
O pleno do concello da Coruña aproba por unanimidade o segundo Presco para paliar os efectos da pandemia. Está dotado con algo máis de 6 millóns de euros.
O concello de Betanzos asume a titularidade do tramo da estrada nacional SEXTA que cruza a capital do antigo reino de Galicia
Deportes. O Deportivo prepara un ERE por motivos económicos. Afectará á empregados e futbolistas. Quedan excluidos as nove fichaxes realizadas este verán.