Galicia Informativos
Informativo A Coruña 8:45 - 09/11/23
09/11/2023
15:00
Folga de consumo dos estudantes na Facultade de Filoloxía de Santiago, en protesta polos prezos abusivos dos menús. Desde a USC xustifican a suba pola inflación...e aumentan os bonos comedor.
-En Santiago, esta pasada noite, a policia achou o corpo sen vida dunha muller nun narcopiso da rúa Berlin no barrio de Fontiñas
-.o Concello de Santiago considera unha inxustiza que a Xunta lle esixa máis de catro millóns de euros pra o aparcadoiro do Clínico. Con todo, estudará o proxecto que lle trasladou o goberno galego
-O concello da Coruña aprobou na xunta de goberno local iniciar os trámites pra reclamación dos 14,1 millons á concesionaria da planta de residuos de Nostián