Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 10/11/21 10/11/2021 15:09

As denuncias sobre a situación da Atención Primaria e os PACS continúa. Santiago acolleu este martes unha concentración que denunciou a falta de persoal de enfermeiría e puñan o foco tamén na precariedade dos que traballan neste centros sanitarios.

 A Xunta asina o convenio polo que 19 concellos da Coruña poden optar aos fondos de Transición Xusta do Goberno. 15 están na comarca das Pontes e 5 na de Meirama.

A alcaldesa da Coruña aclara que a nova norma de terrazas non permitirá que os establacementos de hostelería teñan a mesma vez terraza nas veiravías e en prazas de aparcamento.

Arquivo provisional da causa contra os activistas denunciados pola familia Franco por acceder ó Pazo de Meirás durante unha protesta en 2017.

Quinta victoria consecutiva do Básket Coruña na Leb Ouro fronte ao Palencia.

Galicia Informativos
Más opciones