Galicia Informativos
Informativo A Coruña 8:45 - 12/04/23
12/04/2023
14:58
O portavoz das vítimas, Jesús Domínguez, pediu que non se volva desconectar pra evitar unha traxedia semellante no futuro.
Nuns minutos ampliamos este asunto. Antes repasamos outros titulares da provincia, con Alejandra López.
O pai da ministra de Traballo, Suso Díaz, pecha a lista de Podemos, Esquerda Unida e Alianza Verde na Coruña.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, instará maña aos grupos a aprobar a modificación de crédito de 11 millóns de euros, do que dependen varios proxectos na cidade.
A Unidade de Paliativos do Hospital de Oza está a recibir pacientes de medicina interna. O Sindicato CIG denuncia a falta de capacidade e a carga de traballo.