Comezamos a semana coas negociacións nas diferentes vilas para formación de goberno. En Compostela, os socialistas confirman a súa inclinación por non formar parte do goberno da nacionalista Goretti Sanmartín, pese a que si apoiarán ó futuro executivo local. Mentres, en Ferrol, o alcalde en funcións xa prepara o traspaso de mando ó popular Rey Varela, con maioría absoluta.
- As enfermeiras da área sanitaria da Coruña-Cee denuncian carencias de persoal que non chega nin para cubrir os servizos mínimos.
- Profesionais da avogacía de Padrón reclaman manter as competencias en materia de violencia de xénero.
- A veciñanza de Compostela solicita reunirse coa futura alcaldesa para abordar a masificación do turismo.
- O Deportivo perde unha nova oportunidade de ascender ó fútbol profesional tras perder co Castellón na prórroga.
Aínda en portada, accidente mortal de tráfico en Carnota. Unha muller faleceu cando era trasladada ó hospital en helicóptero.
O coche no que viaxaba saíuse da estrada entre Carnota e Santa Comba por causas que se descoñecen, e bateu contra unha canalización de formigón. O condutor foi trasladado en ambulancia ó hospital de Santiago