Iniciamos semana con chuvias, pero os concellos non as teñen todas consigo. Agora A Coruña e outros dez da comarca están tamén en prealerta por seca. Algúns, como Arteixo, abordan xa hoxe posibles limitacións ou recomendacións para un consumo de auga máis responsable. Outros, como Cambre, prefiren agardar.
En Ferrol, a CIG-Saúde denuncia o desvío de cartos públicos a empresas privadas. Quéixase de que o SERGAS contrate compañías externas para o mantemento dos hospitais da cidade.
O ministro de Presidencia, Félix Bolaños, reitera na Coruña o compromiso do Goberno co porto herculino.
A Coruña tamén despide a Saleta Goy. A viúva de Manuel María pasou os últimos anos da súa vida na cidade.
Xa nos Deportes, segunda victoria da temporada pro Deportivo. Gañou en Mérida por un gol a cero.