A elección da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial suporá pra cidade a creación de máis dun milleiro de novos postos de traballo. Pro reitor da Coruña, que estivo en Radio Nacional, o máis importante será a proxección internacional da cidade e da universidade. Confía ademais en que axude a manter e retornar o talento investigador e tecnolóxico.
- Os bombeiros de Narón desenvolven unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar un aumento do cadro de persoal.
- O goberno municipal de Santiago ten previsto aprobar hoxe tres actuacións no rural cun investimento superior ós 700 mil euros.
- A Plataforma polo Transporte Digno de Ferrolterra celebra esta tarde unha asemblea para estudar novas mobilizacións