Galicia Informativos
Informativo A Coruña 8:45 - 13/01/22
13/01/2022
14:58
A ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, visita hoxe a ría do Burgo para asistir á inauguración oficial das obras de dragaxe. Ao acto acudirá tamén a conselleira do Mar, Rosa Quintana.
A inestabilidade do mercado eléctrico obriga a ampliar o periodo de actividade da central térmica das Pontes ata que remate o mes.
Os xulgados de Santiago aplican un novo protocolo, iniciativa dunha xuíza, que coordena a actuación das forzas de seguridade, avogados e xulgados para atender as vítimas de delitos sexuais.