Discrepancias entre a Xunta e a Delegación do Goberno sobre o procedemento para protexer os bens do Pazo de Meirás.
O goberno estima que a Xunta ten as competencias para ampliar os bens considerados de interese cultural.
Pero o conselleiro de cultura entende que ten que llo autorizar o executivo central.
A Xunta declarará a Casa Cornide Ben de Interese Cultural para evitar que a familia Franco poida enaxenala. Xa a ten a venda.
A Coruña celebra o centenario da morte da escritora Emilia Pardo Bazán. A Real Academia Galega organizou unha lectura de textos na que fora a súa casa e agora é a sede da institución.
O cuartel da Garda civil en Santiago será remodelado e ampliado. As obras comezarán en 2022.
Santiago está hoxe de festa. Celebra a Ascensión.
Galicia Informativos
Informativo A Coruña 8:45 - 13/05/21
13/05/2021
14:58