Adeus definitivo a un tripartito no futuro goberno de Compostela. O grupo local socialista segue a liña defendida pola dirección galega e non entrará nun pacto de goberno coa futura alcaldesa, a nacionalista Goretti Sanmartín, que si contará con Compostela Aberta.
Decisión que os socialistas trasladarán hoxe a Sanmartín mentres seguen o proceso de cambio ante a saída de Xosé Sánchez Bugallo. Unha xestora tomará as rendas da formación municipal e xa hai nome para presidila: Diego Fernández, secretario de organización do PSOE provincial.
- Benito Portela vese como única alternativa para gobernar en Sada aínda que cun executivo en minoría
- Sen cumprir, dous anos despois, as promesas do Sergas para habilitar dúas novas salas de fisioterapia no Hospital Clínico de Santiago
- Primeiras saídas no Deportivo tras a derrota co Castellón: adeus ó secretario técnico Carlos Rosende e ó seu axudante
Aínda en portada, o concello de Betanzos manterá as restricións para o consumo de auga da billa polo menos dúas semanas máis. As tarefas de hipercloración non deron os resultados agardados. As últimas analíticas constatan aínda a presenza do virus causante do gromo de gastroenterite