En Santiago, xa está controlado o verquido de 200.000 litros de xurro ó río Tambre, pero a auga ainda chega con turbidez a moitos fogares da cidade, de Ames e di concello de Brión.
O ognerno local de Santiago insiste en que a subministraciópn está garantida e que a auga potable que saie pola billa é potable.
O Sergas reanuda hoxe a vacinación contra a covid sen cita previa nos compus universitarios. Este luns poden vacinarse estudantes, profesores e persoal non docente.
Xunta, porto e concello volven reunirse hoxe para debater sobre os usos dos peiraos da dársena interior da Coruña.
Os hostaleiros de Santiago presentan alegacións contra o novo horario fixado polo Concello pró reparto de mercadoría na zona vella: de 7 a 9 da mañá.
Deportes. O Liceo, campión da supercopa de España de Hockey a patíns. Derrotou o Barcelona por 3 goles a 2.