Galicia Informativos
Informativo A Coruña 8:45 - 13/11/23
13/11/2023
14:59
A da Coruña foi a máis multitudinaria das concentracións convocadas polo PP contra a amnistía, en Galicia. Malia que o PP cifra en máis de 10 mil os asistentes, os datos oficiais rebaixan o dato a pouco máis de sete mil.
-A Universidade de Santiago estuda concertar prazas en residencias privadas pro seu alumnado. Xa iniciou conversas cos novos propietarios do antigo hospital de Galeras
-Val do Dubra e Trazo unen forzas contra o proxecto do vertedoiro de Niveiro. Pedirán informes sectoriais para evitar a súa instalación na vella canteira
-O litoral do Barbanza podería estar en risco tra-la crecente chegada de xacintos de auga, unha das plantas invasoras máis perigosas do mundo