Non melloran os indicadores da pandemia da covid na provincia.
Continúan aumentando os casos activos. Os infectados superan xa os 2.800.
Tamén aumenta o número de hospitalizados: tanto en coidados intensivos como en planta.
Este luns, hai 55 persoaas ingresadas.
Os contaxios baixaron algo na última xornada, pero seguen por riba dos 200 diarios.
--- Mobilizacións en cinco localidades da provincia para denunciar a proliferación de parques eólicos e defender as montañas
--- O concelo de Cambre pon en marcha este luns unha campaña de control do transporte escolar. Ten como obxectivo velar pola seguridade dos estudantes.
--- Deportes. O Deportivo segue lider. Os coruñeses son o equipo menos goleado das tres primeiras categorías do fútbol español.
--- No tempo da entrevista, falaremos con Teresa Vázquez, representante de Plataforma por un transporte público de calidade para Ferrol e comarca.